miércoles, 18 de abril de 2012

TÉCNICAS DE ESTUDO

Das distintas páxinas que se ofrecen como recurso para traballar as técnicas de estudo resultoume atractiva:
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/aprender/default.htm
É unha aplicación sinxela que se pode empregar para iniciar aos alumnos no tema das técnicas de estudo. Trata dun xeito moi visual aspectos coma a orde na habitación,a cadeira e as súas posicións, a preparación da mesa de estudo, coidarse axeitadamente, etc., e temas máis específicos coma esquemas, etc.
Pódese empezar proxectándoa na pizarra dixital para despois facer un uso máis individual ou por parellas.
Paréceme atractiva por son imaxes reais do que pode haber na habitación dun alumno calquera: ordenador, móbil, comics, etc., e permite iniciar o tema por aspectos que para os alumnos poder resultar máis lúdicos coma os aspectos espaciais e despois ir entrando en temas máis complexos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario