domingo, 25 de marzo de 2012

O Blog como ferramenta na Orientación Educativa

O Blog como ferramenta na Orientación Educativa
Daniel Veiga Martínez
Departamento de Orientación I.E.S. “García Barbón” Verín -Ourense
Neste artigo dase a coñecer unha parte da experiencia educativa chamada “Orientarse con internet” do IES García Barbón de Verín que reflicte unha maneira específica de uso das novas tecnoloxías e de internet en xeral e, en particular, do Blog
No artígo defínense os blogs e ás aportacións pedagóxicas dos mesmos. Das numerosas páxinas de internet que permiten crear un blog recoméndase BLOGIA, fundamentalmente pola súa simplicidade. Explícanse os pasos a dar despois de crear o blog e aínda que se asegura que non son necesarios moitos coñecementos técnicos para crear o blog, cando estes non se teñen aparecen dificultades que custa bastante resolver.
No artigo destácase o servizo, BLOGLINES, que ofrece a posibilidade de informarse de maneira automática a través de sindicación (RSS) –suscrición- dos seus contidos a tavés dunha aplicación que nos permita ler os contidos de distintos blogs, para o que temos que rexistrarnos e saber usar BLOGLINES.
Apórtanse unha lista de aplicacións interesantes paro o traballo orientador.
Detállase a experiencia Orientarse con internet, actividade formativa promovida polo Departamento de Orientación do I.E.S. “García Barbón” de Verín que pretende dotar ao alumnado con distintas destrezas relacionadas co uso informado de internet e, de maneira máis específica, favorecer o seu proceso de orientación académica e profesional. O Programa formativo para o alumnado pareceme moi interesante xa que desenvolve nos alumnos capacidades de busca, coñecemento de recursos para buscar información en internet e buscar emprego coa axuda de internet, este último é fundamental na actualidade: becas, programas, todo tipo de ofertas están na rede e hai que saber atopalas.

No apartado de elaboración de recursos, vemos como o blog pode sustituir unha morea de documentos e converterse nunha guía de Información Académica e Profesional permanentemente actualizada. Fai fincapé na necesidade dunha boa planificación que no seu caso basease na experiencia na elaboración recursos anteriores.
Moi interesantes as páxinas aportadas que para non perde e ter sempre dispoñibles, incorporarei ao meu blog.

sábado, 24 de marzo de 2012

EL BLOG COMO FERRAMENTA DE ORIENTACIÓN

EL BLOG COMO HERRAMIENTA DE ORIENTACIÓN
Autoría: Mª Carmen Delgado Lendínez
Temática: Orientación TIC
Etapa: Educación Secundaria
Neste artigo falase sa importancia das TIC no mundo da educación, e en particular no traballo de orientación como forma de chegar con facilidade ao alumnado e as súas familias, deixanos claro que temos que poñernos as pilas.
A autora reflicte estatísticas que amosan a evolución, moi positiva, das visitas ao seu blog, que no seu caso é de educación secundaria.

Para a autora o principal obxectivo do blog é incorporar TIC a función orientadora. Na ESO debemos facilitar ao alumnado as ferramentas necesarias para que poda realizar o seu proceso de toma de decisiones. Ao mesmo tempo estaremos colaborando no desenvolvemento da competencia dixital e do tratamento da información, e dicir:

 Habilidades para buscar y obtener información.
 Habilidades para transforma r la información en conocimiento.
 Habilidades para comunicar la información en distintos soportes
Neste senso é interesante non perder de vista o feito da necesidade de criterio propio a hora de seleccionar a información que aparece no buscador; en moitas ocasións os alumnos/as non se plantexan a fiabilidade da fonte nin moito menos pensan en contrastala. Este é un aspecto que se pode e debe traballar a través dos blogs proporcionando ferramentas e información relevante sobre distintos temas, no caso da autora información relevante para a toma de decisiones vocacionais, tanto ao alumnado como á familia.

Se conseguimos atraer ás familias cara o blog poderemos resolver dúbidas puntuais sen necesidade de concertar entrevista, a través do propio blog.

O blog é moi cómodo e áxil para manter actualizada constantemente a información na que a veces se producen cambios rápidamente que son difíciles de trasladar por outros medios.

Outro obxectivo dos blog é el recopilar recursos, webs, ferramientas, para a formación, materiais, etc., relacionados coa orientación e co mundo da
educación en xeral. No momento que atopamos un recurso interesante subímolo ao blog de xeito que así teremos toda esa información moito máis accesible e organizada non so para nos, senon para toda a comunidade educatativa. O sistema de subscripcións de contidos é unha axuda para manternos ao día e aforrar tempo de navegación para atopar información.

Outra función dos blog é proporcionar materiais de utilidade ao profesorado que sexa de interese para acción titorial sen intermediarios.Nunn blog de Educación Secundaria é importante presentar materias que ofrezan infomación sobre a reincorporación ao sistema educativo de alumnos que o abandoaron.

A autora explícanos a organización do seu blog coas distintas informacións e enlaces que considerou de interese.

Comparto coa autora a idea de aos orientadores temos que ser expertos en case todo, cousa imposible dada a amplitude e diversidade tan grande de temas que hai no campo da orientación por eso compartir información e experiancias é un xeito facilitar o noso traballo.
A idea do blog como “fonte de recursos para a comunidade” pareceme moi interesante, cunha dificultade con respecto aos país na zona na que traballo, non todo o mundo ten acceso a internet na casa.

jueves, 22 de marzo de 2012

El blog de TotemGuard

O contido deste artigo reflicte en parte as impresións que tiven eu cando me inicie como bloguera “principiante”.
Elaborar un blog é unha das actividades que máis me obligou a evolucionar na competencia informática e aínda que considero que me queda moito para ter soltura, teño xa uns mínimos coñecementos e a determinación de seguir progresando. Elaborar un blog non é, na miña opinión o máis compricado, mantelo actualizado e con información de interese si supón un esforzo importante tanto na forma (modos de presentacións) coma no fondo (contidos).
Considero que os blogs son potentes ferramentas para compartir información, experiencias, recursos,…, de gran axuda na práctica diaria. Poderíamos dicir que bloguear é unha maneira diferente de formarse. Amplia a a nosa visión: podemos coñecer as experiencias, as metodoloxías e os recursos que empregan en sitios moi lonxe da nosa realidade.
Crear un blog de Orientación pode ser unha maneira rápida de conectar cos diferentes grupos da comunidade educativa: cos país, aínda que segundo as zonas podémonos atopar con moitas familias que non teñen internet. A través do blog podemos dar informacións aos pais de distintos tipos: actividades do departamento (horarios, probas colectivas, programas, libros textos…) e de tipo divulgativo (dislexia, Autismo, trastornos de aprendizaxe, Adaptacións curriculares, etc) unha forma de que os pais coñezan, se interesen e valoren o DO; cos profes que atoparían enlaces de interese para a súa práctica docente entre outros, cos alumnos.
É tamén unha maneira de reunir de forma organizada todos os recursos e de recuperalos fácilmente por parte de todos os membros da comunidade educativa.
Por último, sírvenos tamén para estar ao día, o feito de ter que actualizalo continuamente obríganos a actualizarnos, de medrar profesionalmente.