O contido deste artigo reflicte en parte as impresións que tiven eu cando me inicie como bloguera “principiante”.
Elaborar un blog é unha das actividades que máis me obligou a evolucionar na competencia informática e aínda que considero que me queda moito para ter soltura, teño xa uns mínimos coñecementos e a determinación de seguir progresando. Elaborar un blog non é, na miña opinión o máis compricado, mantelo actualizado e con información de interese si supón un esforzo importante tanto na forma (modos de presentacións) coma no fondo (contidos).
Considero que os blogs son potentes ferramentas para compartir información, experiencias, recursos,…, de gran axuda na práctica diaria. Poderíamos dicir que bloguear é unha maneira diferente de formarse. Amplia a a nosa visión: podemos coñecer as experiencias, as metodoloxías e os recursos que empregan en sitios moi lonxe da nosa realidade.
Crear un blog de Orientación pode ser unha maneira rápida de conectar cos diferentes grupos da comunidade educativa: cos país, aínda que segundo as zonas podémonos atopar con moitas familias que non teñen internet. A través do blog podemos dar informacións aos pais de distintos tipos: actividades do departamento (horarios, probas colectivas, programas, libros textos…) e de tipo divulgativo (dislexia, Autismo, trastornos de aprendizaxe, Adaptacións curriculares, etc) unha forma de que os pais coñezan, se interesen e valoren o DO; cos profes que atoparían enlaces de interese para a súa práctica docente entre outros, cos alumnos.
É tamén unha maneira de reunir de forma organizada todos os recursos e de recuperalos fácilmente por parte de todos os membros da comunidade educativa.
Por último, sírvenos tamén para estar ao día, o feito de ter que actualizalo continuamente obríganos a actualizarnos, de medrar profesionalmente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario