domingo, 25 de marzo de 2012

O Blog como ferramenta na Orientación Educativa

O Blog como ferramenta na Orientación Educativa
Daniel Veiga Martínez
Departamento de Orientación I.E.S. “García Barbón” Verín -Ourense
Neste artigo dase a coñecer unha parte da experiencia educativa chamada “Orientarse con internet” do IES García Barbón de Verín que reflicte unha maneira específica de uso das novas tecnoloxías e de internet en xeral e, en particular, do Blog
No artígo defínense os blogs e ás aportacións pedagóxicas dos mesmos. Das numerosas páxinas de internet que permiten crear un blog recoméndase BLOGIA, fundamentalmente pola súa simplicidade. Explícanse os pasos a dar despois de crear o blog e aínda que se asegura que non son necesarios moitos coñecementos técnicos para crear o blog, cando estes non se teñen aparecen dificultades que custa bastante resolver.
No artigo destácase o servizo, BLOGLINES, que ofrece a posibilidade de informarse de maneira automática a través de sindicación (RSS) –suscrición- dos seus contidos a tavés dunha aplicación que nos permita ler os contidos de distintos blogs, para o que temos que rexistrarnos e saber usar BLOGLINES.
Apórtanse unha lista de aplicacións interesantes paro o traballo orientador.
Detállase a experiencia Orientarse con internet, actividade formativa promovida polo Departamento de Orientación do I.E.S. “García Barbón” de Verín que pretende dotar ao alumnado con distintas destrezas relacionadas co uso informado de internet e, de maneira máis específica, favorecer o seu proceso de orientación académica e profesional. O Programa formativo para o alumnado pareceme moi interesante xa que desenvolve nos alumnos capacidades de busca, coñecemento de recursos para buscar información en internet e buscar emprego coa axuda de internet, este último é fundamental na actualidade: becas, programas, todo tipo de ofertas están na rede e hai que saber atopalas.

No apartado de elaboración de recursos, vemos como o blog pode sustituir unha morea de documentos e converterse nunha guía de Información Académica e Profesional permanentemente actualizada. Fai fincapé na necesidade dunha boa planificación que no seu caso basease na experiencia na elaboración recursos anteriores.
Moi interesantes as páxinas aportadas que para non perde e ter sempre dispoñibles, incorporarei ao meu blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario